Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Retirados máis de 120 niños de vespa velutina en Redondela

niño velutina

O Servizo de Emerxencias retirou na mañá de onte un niño de vespa velutina de grandes dimensións nunha figueira en Quintela. O niño foi inutilizado a semana pasada polo servizo de emerxencias e foi preciso dispararlle cun fusil de aire comprimido automático 12 veces para eliminar a actividade cando o habitual veñen sendo de cinco a seis disparos. Tras comprobar a falta de actividade procederon a súa retirada, sumándose así aos máis dun cento que se levan retirados no que vai de campaña.

O Servizo de Emerxencias emprega nestas actuacións dúas armas automáticas de aire comprimido e traxes de seguridade lixeiros que facilitan e reducen o tempo das actuacións en mais dun 60 %. Este equipamento foi adquirido pola Concellería de Medio Ambiente con fondos do Plan Concellos da Deputación.

O equipamento tamén dispón dun conxelador para manter conxeladas a balas que conteñen veleno con base alcohólica mesturado con auga para facilitar a conxelación e poder introducir as balas nos cargadores con capacidade para 10 disparos. Os resultados do emprego deste tipo de armas esán a ser moi satisfactorios ao permitir ao persoal municipal actuar a maior distancia dos niños diminuíndo os ricos. Tamén se ten constatado que a cantidade de veleno empregado é moito menor que coa pértega que se utilizaba en campañas pasadas reducindo así a introdución desta sustancia no medio ambiente.

No que vai de campaña o Concello de Redondela eliminou máis de 120 niños de vespa velutina cantidade que continuará en aumento pois continúan chegando avisos o departamento de medio ambiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará