Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno eliminará a peaxe Vigo-Redondela

peje google

Os orzamentos do Estado, pendentes de aprobación, contemplan un investimento de 1,53 millóns de euros para financiar a bonificación da peaxe en Rande. Unha partida que suporía a “gratuidade” neste tramo que comunica Redondela con Vigo, unha demanda longamente reivindicada dende partidos políticos e asociacións veciñais e empresariais. As bonificacións na AP-9 foron unha das esixencias do BNG ao goberno para apoiar a investidura de Pedro Sánchez no seu día e agora os Orzamentos para o 2021.

Unha reivindicación que vén de lonxe e que podería materializarse no vindeiro ano. A gratuidade da peaxe entre Redondela e Vigo é unha das bonificacións contempladas nos orzamentos xerais do Estado que onte iniciaron a súa tramitación parlamentaria. O Ministerio de Transportes ten reservado 55 millóns de euros que se destinarán a rebaixar as tarifas da AP-9, sumándose así aos 8 millóns que xa se destinan cada ano para bonificar os traxectos entre Vigo e o Morrazo e A Coruña e A Barcala.

A nova partida destinarase a bonificar as peaxes da AP-9 entre Ferrol e a fronteira con Portugal e a frear as subas previstas ata o 2038, coas que se está a compensar a concesionaria o gasto das obras de ampliación da autoestrada.

Con todo, a partida máis destacable para os redondeláns é a de 1,53 millóns de euros para implantar a gratuidade no tramo Vigo-Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará