Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os escolares demandan máis actividades culturais e deportivas nun pleno xuvenil celebrado na Alameda

RR_Noticias

O Concello de Redondela celebrou un pleno xuvenil no que participaron alumnos dos colexios de Reboreda, Colegio Vigo, Laredo, Alexandre Bóveda, Outeiro das Penas, Santa Mariña e Quintela así como dos Institutos de Chapela e o Pedro Floriani e San Simón de Redondela. En total foron máis de 300 escolares os que participaron na xornada na que o tema principal a debater foron as alternativas de ocio que máis lles interesan.

 
Os escolares demandan máis actividades deportivas e culturais nun pleno xuvenil celebrado na Alameda
O Concello de Redondela celebrou un pleno xuvenil no que participaron alumnos dos colexios de Reboreda, Colegio Vigo, Laredo, Alexandre Bóveda, Outeiro das Penas, Santa Mariña e Quintela así como dos Institutos de Chapela e o Pedro Floriani e San Simón de Redondela. En total foron máis de 300 escolares os que participaron na xornada na que o tema principal a debater foron as alternativas de ocio que máis lles interesan.
Os escolares fixéronlle chegar ao alcalde, Javier Bas, todas as súas propostas en materia de ocio e lecer, sendo destacable o interese que demostraron polas actividades deportivas e culturais. Algunhas das súas petición foron: cine na rúa, Paintball e Gymcanas.
Como vén sendo habitual nesta xuntaza, e como tamén se foi no pleno municipal político, gardouse un minuto de silencio en sinal de recordo das vítimas de Violencia de Xénero e vítimas de Violencia no ámbito doméstico.
Unha vez escoitadas as propostas, o goberno local convocará á xunta de portavoces que representan os escolares de todos os centros para informarlle da viabilidade de cada unha das súas achegas.
Os escolares recibiron gorras co logo da UNESCO, selo do que dispón o Conservatorio Municipal de Redondela, e tamén coa insignia de Cidades Amiga da Infancia, en sinal do nomeamento da vila por parte de UNICEF.
Ao remate, tiveron a ocasión de achegarse até o alcalde, Javier Bas, para recibir da súa man un exemplar asinado do libro que editou o Concello sobre o uso responsable da auga, e que foi elaborado grazas á súa colaboración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará