Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela competirá no certame Internacional de Bandas de música coa obra Poema de Arealonga

RR_Noticias

A Banda de música de Chapela foi seleccionada para participar neste certame internacional que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de xullo na cidade de Benavente. A formación musical competirá neste certame con 9 Bandas de diferentes puntos de España, Francia e Portugal, coa obra “Poema de Arealonga”.

Poema de Arealonga é a primeira e única obra musical dedicada á parroquia de Chapela e escrita expresamente para a súa Banda de Música, un traballo realizado polo compositor vigués Angel Montes por encargo do seu anterior director Santiago Barreira, como agasallo de despedida á fronte da formación Chapelana no ano 2015 .
A Obra, é un poema sinfónico tomando como inspiración, tanto elementos históricos como paisaxísticos do litoral de Chapela. O título fai referencia á praia principal da parroquia e pretende ser unha homenaxe ás súas xentes, as súas praias, as súas paisaxes e acontecementos históricos como a Batalla de Rande acontecidos nas proximidades da súa costa” e coa cal a Banda de Música de Chapela representará a Chapela e Redondela no certame Internacional de Bandas cidade de Benavente,  coa pretensión de deixar esta obra entre as primeiras e darlle á mesma obra e o propio concello de Redondela unha proxección internacional.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará