Hoxe é Martes 6 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior anuncia o inicio das obras das tres novas pistas de pádel da Montesiña

Manu Lourenzo pistas de pádel 02

As obras, cun investimento superior aos 250.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de tres meses e medio. O Concello vén de asinar a acta de replanteo das obras, un trámite que dá paso ao inicio dos traballos.

A actuación, adxudicada á empresa Suministros Integral del Agua S.L. por un importe superior aos 250.000 euros, conta cun prazo de execución de tres meses e medio e está financiada ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.

O proxecto permitirá transformar a actual pista de tenis da Montesiña en tres novas pistas de pádel, dando resposta á crecente demanda existente no municipio e ampliando de maneira significativa a oferta de instalacións deportivas de Soutomaior.

Ademais da creación das novas pistas, a actuación contempla a ampliación da bancada lateral e da cuberta existente, adaptándoas ás novas dimensións da superficie deportiva. Tamén se executará unha nova bancada de formigón con asentos revestidos de madeira e realizaranse os correspondentes traballos de cerramento e adecuación do espazo.

O obxectivo é crear unhas instalacións máis modernas, cómodas, seguras e funcionais, mellorando tanto as condicións para a práctica deportiva como o aproveitamento dun dos principais complexos deportivos do municipio.

O complexo deportivo da Montesiña constitúe actualmente unha das principais zonas deportivas do municipio e conta con diferentes equipamentos, entre eles un pavillón polideportivo, vestiarios, pistas de tenis e pádel e unha pista descuberta de pickleball.

Unha vez rematados os traballos, a nova configuración permitirá incrementar de maneira significativa a capacidade para a práctica do pádel, así como facilitar a organización de adestramentos, actividades, torneos e competicións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará