A xornada futbolística deixou unha nova vitoria do CD Choco, que continúa no máis alto da clasificación da Primeira Galicia, Grupo 6.
UDC VILABOA 2-4 CD CHOCO
O Choco continúa firme no liderado despois de superar ao Vilaboa por 2-4. Hugo marcou en dúas ocasións, nos minutos 22 e 75, mentres que Rubén anotou no 32’ e Lucas no 78’. O conxunto redondelán mantén así a primeira posición do grupo. Na seguinte xornada recibirá ao Rápido de Bouzas.
MARCON ATLÉTICO 3-0 CD SOUTOMAIOR
O Soutomaior regresou de baleiro do seu desprazamento ao campo do Marcon Atlético, onde perdeu por 3-0. Os de Soutomaior terán unha nova oportunidade para sumar na próxima xornada, na que exercerán como locais ante o Umia CF.
CD ARCADE 1-1 AT. CUNTIS CF
Reparto de puntos no campo do Arcade nun encontro que rematou con empate a un. David Campos conseguiu o tanto local no minuto 76. O seguinte compromiso levará o conxunto de Arcade ata o campo do Sport Team Estrada.
CD CESANTES 1-1 ZACANDE FC
O Cesantes asinou tamén un empate na casa fronte ao Zacande. Samuel adiantou os locais no minuto 22, pero o equipo visitante igualou o marcador para establecer o definitivo 1-1. Na vindeira xornada, os de Cesantes visitarán o Unión Dena CF.
ATLÉTICO VILLAR 1-0 UVCD CANDEÁN
O Atlético Villar fíxose cos tres puntos ante o Candeán grazas a un solitario gol de Pablo Veiga no minuto 43. O equipo de Denis afrontará a próxima xornada a domicilio, fronte ao Tebra FC.
CHAPELA CF 2-2 CD COYA
O Chapela tivo que conformarse cun punto despois de empatar 2-2 contra o Coya. Antón puxo por diante aos locais no minuto 11 e Juan I Deleón volveu marcar no 86’, nun encontro que terminou coa repartición de puntos. Na seguinte xornada, o Chapela visitará o Moledo CF.









