Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de humanización da Avenida de Vigo rematarán no verán

RR_Noticias

Até o momento executouse un 40% do proxecto de mellora da PO-323 ao seu paso pola alameda de Chapela. Ademais do cambio de beirarrúas tamén se está traballando na rede de saneamento e canalización eléctrica para evitar as numerosas avarías que sofren os veciños da zona. O goberno local traballa na ampliación do estacionamento próximo á alameda e negocia con Adif para aumentar o número de prazas dispoñibles.

A Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, xunto ao delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves e o Alcalde de Redondela, Javier Bas, visitaron este mércores as obras de humanización que se están a acometer na Avenida de Vigo. Unha obra que comezaba a inicios de 2017 e consistirá, nunha primeira fase, na reurbanización da estrada ao longo dun quilómetro, a renovación integral das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns e a mellora da totalidade dos servizos urbanos: abastecemento, saneamento, alumeado e canalizacións eléctricas. A obra conta cun prazo de execución de 18 meses e segundo anunciaba a conselleira estase cumprindo polo que se prevé que os traballos estean rematados no verán de 2018. Polo momento xa se completou un 40% da execución proxectada e arestora as obras céntranse na colocación de beirarrúas. Ethel Vázquez salientaba a importancia das obras para facer a Avenida de Vigo máis accesible e mellorar a seguridade viaria na zona, facilitando o acceso a Pescanova, así como a mobilidade nun espazo moi frecuentado ao carón da praza de abastos e a alameda. O alcalde de Redondela facía fincapé en que esta obra fará “máis amable e humano” este tramo de preto de un quilómetro de Chapela ademais de modernizar os servizos na zona coa implantación dunha nova tecnoloxía que reducirá o número de avarías que eran frecuentes nesta zona. O director técnico da obra salientaba a complexidade dos traballos xa que só se pode cortar o tráfico nun dos carrís o que obriga a traballar manualmente con maquinaria moi pequena. Ao que hai que sumarlle os problemas de fugas de auga e malas conexións co saneamento o que está a ralentizar os traballos. O goberno local buscar alternativas para os estacionamentos que se eliminan con esta reestruturación e que cifran en máis de setenta. Bas anunciaba que xa se está a traballar na posibilidade de adquirir uns terreo ao carón do estacionamento próximo á Alameda ademais de estar realizando xestións con Adif na estación vella de Chapela A obra conta cun orzamento de 2.338.855,05 dos cales o 85% é financiado pola Xunta e o 15% restante pola concello de Redondela.  

Conselleira Infraestruturas Ethel Vazquez
A conselleira asegura que as obras rematarán antes do previsto e no verán serán unha realidade
Alcalde Redondela Javier Bas
Bas subliña a importancia das obras xa que tamén permitirán rematar coas numerosas avarías que se rexistraban na zona
Director Técnico
Trátase dunha obra complexa e con numerosas incidencias na execución
Alternativas estacionamento
O goberno local está a buscar alternativas para as prazas de estacionamento que se suprimen

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará