Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Ángel Álvarez: Non hai interese por legalizar nada nin ningún tipo de acordo cos promotores

RR_Noticias

O concelleiro defende que se debata no Consello parroquial a proposta dos veciños que “o único que propoñen é que se estude a viabilidade técnica, xurídica e económica” do polémico edifico da rotonda a AP-9 en Chapela non a súa compra. Argumenta a decisión de non constituír o Consello extraordinario do pasado luns “porque non había garantías de diálogo nin de que se puidera desenvolver esa reunión con normalidade”. Agora está á espera dun informe xurídico municipal que determine se estes órganos consultivos son públicos, como defende a Asociación de Veciños, ou se pola contra se poden facer a porta pechada como defenden os colectivos representados no Consello.

O presidente do Consello Parroquial Miguel Ángel Álvarez nega que exista “escurantismo” en todo este asunto “no Consello están representados os diferentes colectivos sociais, culturais e deportivos de Chapela así como os grupos políticos presentes na corporación. Tamén unha  secretaria que se encarga de levantar acta de todo o que alí acontece”. Defende que no Consello Parroquial se aborde esta cuestión, porque así o propoñen algún dos colectivos alí representados que “entenden interesante que forme parte do patrimonio do concello un edificio que se atopa nun lugar estratéxico para que sexa empregado para uso dotacional da parroquia” e insiste en que dende o goberno local “non hai interese en legalizar nada, só buscar locais sociais para Chapela”. Logo da suspensión do Consello parroquial do pasado luns no que estaba previsto que se debatese esta cuestión será agora a secretaria do concello a encargada de emitir un informe xurídico que estableza si estes órganos consultivos son abertos para todo o mundo, como defende a Asociación de Veciños, ou se son os membros do propio consello os que acordan a presenza de público u non en cada un dos debates.  

MIguel Ángel Álvarez presidente Consello Parroquial
Defende que se debata esta cuestión no Consello porque así o reclaman os veciños e nega intereses escuros
Informe xurídico
O obxectivo é clarificar se estes consellos son abertos ou dependen da decisión adoptada polos seus membros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará