Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reforza a limpeza de camiños e estradas

OPERARIO LIMPEZA SOUTOMAIOR 01

Soutomaior intensificará o servizo de limpeza de camiños e beirarrúas nos barrios do municipio coa incorporación de 9 operarios máis que se suman a contratación de persoal feita polo Concello nas últimas semanas. Actualmente o operativo está a traballar no barrio de Comboa, Sameán, a Devesa e Alxán. Previamente realizaron estas tarefas en Romariz, O Val, Lourido, Arcade de Riba, nos parques infantís e as zonas de baño da Veiguiña Longa e a Xunqueira de Arcade.

A contratación de persoal por parte do concello permitiu intensificar este servizo que se reforzará en breve, xa que se vai incorporar ao operativo de limpeza o camión de desbroce e nove operarios máis nas vindeiras semanas.

Así, os equipos que realizarán estas tarefas entre os meses de maio e outubro contarán con máis de 20 persoas na rúa co obxecto de “ter o concello na mellor das condicións posibles” segundo apuntou o alcalde, Manu Lourenzo quen engadiu que “non se pode limpar todo o concello nunha semana, pero este operativo chegará a todos os barrios do concello e terá máis presenza ca nunca”.

Por outra banda, dende o concello solicitan á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra que se fagan cargo da limpeza e acondicionamento das rúas que dependen destas administracións públicas, para así e deste xeito, que a veciñanza poida desfrutar do concello no mellor estado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará