Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As cadetes da SAR rumbo ao Campionato de España

435589742_924714642996797_3800966484130126284_n

O equipo cadete feminino SAR Rodavigo proclamouse subcampión da Liga Ouro. Esta clasificación permítelles disputar o Sector Nacional onde poderán optar a unha praza no Campionato de España.

Quedaron a só un punto de gañar a liga, pero finalmente levou o título o Cangas. Iso si, participarán no Sector Nacional, en categoría cadete feminina, en busca dunha praza á fase final do Campionato de España de Clubs. As datas e os enfrontamentos aínda están por definir. Segundo o adestrador, Manolón, chegar ata aquí “xa é un premio ao esforzo e traballo de todo o ano”.

Considera que “teñen un moi boas xogadoras e van loitar pola vitoria porque están á altura”. Este ano a SAR situou a 4 xogadoras na Selección Galega. Leire e Noa no equipo cadete, Alba no xuvenil e Daniela no infantil .  O obxectivo da SAR é formar á base para afianzar o futuro do club e que algún dia sexan as mesmas xogadoras as que ocupen un posto no sénior feminino. Un equipo forte que logrou a permanencia e despide a tempada con 21 puntos e nun meritorio oitavo posto en División de Honra Prata Feminina, categoría na que volverá militar na vindeira tempada.

Pero elas non son as únicas do club en xogar o play-off. A SAR pode dicir con orgullo que “todos os equipos femininos clasificáronse para a Final 4”. Concretamente o xuvenil obtivo un terceiro posto nesta fase previa ao Campionato de España, despois d eperder en semifinais contra o Mecalia Guardés . A único Final 4 que queda por xogar é a das Infantís que está previsto para esta fin de semana en Culleredo, de gañar tamén se clasificarían para o estatal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará