Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela restaura e instala nas parroquias 40 bancos de madeira

Bancos restaurados

A concellería de Parques e Xardíns recuperou 40 bancos de madeira co obxecto de darlles un novo uso. Este mobiliario urbano fora retirado previamente polo mal estado no que se atopaban. Unha vez recuperados pasarán a formar parte de diferentes espazos públicos do concello. Dende o goberno local salientan que esta medida supón un aforro ao ser a súa rehabilitación moito máis económico que mercar asentos novos.

Uns 15 bancos están xa instalados en diferentes lugares do municipio como a Picota, a praza de Lenda, Saxamonde, Cabeiro, Vilar, Quintela, e tamén en diferentes tramos do Camiño de Santiago e doutras sendas transitadas pola veciñanza. O resto están pendente da súa instalación en zonas verdes, prazas e espazos públicos repartidos polas parroquias. O responsable de Parques e Xardíns, Pedro Villaverde explica que o obxectivo destes traballos de restauración é o de “darlle utilidade a uns bancos públicos que xa non estaban en uso, e facilitar que moitos barrios e zonas de tránsito poidan ter un lugar cómodo onde descansar e reunirse a veciñanza”.

No Camiño de Santiago ao seu paso por Redondela, tanto a ruta portuguesa tradicional como a da costa, instalaranse algúns destes asentos para que os peregrinos e sendeiristas teñan tamén un lugar cómodo onde descansar ao longo do seu percorrido. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que a recuperación destes bancos supón un dobre aforro, xa que “a súa rehabilitación é moito máis económica que mercar asentos novos, e ao mesmo tempo reducimos os residuos ao reciclar este mobiliario público”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará