Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nisi Otero: “Temos que estar unidos para tentar reconducir a difícil situación que atravesa a confraría”

cofradía

“Queremos reconducir a situación e unir forzas” explica a patroa maior en funcións logo de asumir o cargo tras a dimisión nas últimas horas de quen ocupara esta responsabilidade dende o 2020, Xoel López. Asegura que a decisión do seu predecesor, quen decidiu abandonar este posto “por motivos persoais”, colleuna por sorpresa e entende que agora o máis importante é “contar cun bo equipo para reconducir a situación de inestabilidade na que se atopa actualmente a confraría e superar este complicado momento do mellor xeito posible”.

Otero prefire non afondar na situación económica que atravesa o pósito malia que recoñece que é un momento complicado “que afecta a totalidade das confrarías da contorna” lastrado principalmente pola caída do marisqueo que supón unha merma importante nos ingresos da Confraría. “Unha situación delicada da que tentaremos saír adiante cun equipo unido”.

Malia que xa está a exercer como patroa en funcións aínda está a espera de coñecer as indicacións que lle trasladen dende a Consellería para saber en que situación queda a Xunta Xeral que estaba inmersa nun proceso de renovación parcial nestes momentos.

Tampouco quere adiantar prognósticos de cara ao futuro sobre a posibilidade de presentarse ás elección que se convoquen para elixir un novo patrón ou patroa definitivamente. “o primeiro é reconducir a situación e logo falar co resto de compañeiros e compañeiras para ver que se fará despois”.

Otero está nestes momentos aínda aterrando logo dunha dimisión que asegura “colleume pro sorpresa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará