Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos Futsal participa por primeira vez nun campionato nacional feminino

WhatsApp Image 2024-04-24 at 09.45.48

Laura e Lucía forman parte do equipo benxamín “A” do Pazos de Borbén Futsal e recentemente foron convocadas pola Selección Galega Sub-10 para participar no Campionato de España do 8 ao 12 de Maio en Móstoles , Madrid.

Laura e porteira e Lucía ala / peche, ambas adestran no club dende biberóns e, agora con Luis Carrera no benxamín “A”,  conseguiron ser campioas da liga de Segunda División de Vigo. A SD Pazos  tivo representantes masculinos en campionatos de España, pero esta é a primeira vez que ten representación nun campionato nacional feminino. Cabe destacar a participación de Daniela no campionato galego sub 12 coa Selección de Vigo, entre os logros da base.

O campionato de categoría benxamín en Fase Única, que organiza a Real Federación Española de Fútbol en colaboración co Concello de Móstoles e a Real Federación de Fútbol de Madrid, contará coa participación de 12 seleccións masculinas e de 7 femininas. En categoría feminina, o torneo estará composto por dous grupos. O Grupo A, no que participan as xogadoras do Pazos, estará formado polas seleccións de Galicia, Andalucía, Comunidad de Madrid e Ceuta, mentres que o Grupo B está composto polos equipos de Región de Murcia, Cataluña e Estremadura.

O 8 de maio viaxarán a Madrid para comezar esta aventura. Dende a directiva móstranse orgullosos e dan os parabéns ás xogadoras, pero tamén “aos seus adestradores, compañeiras de equipo e familia” polo éxito acadado dende tan pequenas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará