Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello súmase á iniciativa da Deputación “Tourist tech” que busca aplicar as novas tecnoloxías ao turismo

pleno miinutos silencio

O goberno local confirmou no pleno que o concello está adherido a esta iniciativa que pretende dar un novo impulso á promoción turística da provincia para que estea máis adaptado ás novas tecnoloxías e especialmente á intelixencia artificial. Fíxoo durante o debate dunha moción do PP na que precisamente este partido instaba a que Redondela se sumase a esta proposta da Deputación orientada a concellos da provincia de entre 20.000 e 50.000 habitantes.

Concretamente esta iniciativa constaría de diferentes módulos que servirán para mellorar o servizo de turismo e outras áreas, segundo afirmou o voceiro do PP, Javier Bas. Puxo como exemplo que haberá programas para medir os contaminantes do aire e a contaminación acústica, programas de videovixilancia urbana para incrementar a seguridade e mellorar a mobilidade, dixitalización de marquesiñas, xestión de aparcamentos e xestión do transporte local. Unha tecnoloxía que permitiría tamén dixitalizar as festas de interese para a súa maior difusión ou asistencia técnica para converter o concello en destino turístico intelixente.

Javier Bas, PP

Dende o PSOE argumentaban o seu voto en contra “porque xa está asinado e trasladado á Deputación” e criticaban ao voceiro do PP pola falta de lealdade institucional para co Concello de Redondela.

Rita Pérez, PSOE

Críticas que o PP tiña que escoitar tamén da voz do voceiro de AER quen lamentaba a falta de comunicación “da Deputación cos concellos que non son da súa cor” e tiraba de retranca para criticar que se empregara o inglés para bautizar este programa.

Roberto Villar, AER

Pola súa banda, os nacionalistas aplaudían que se aposte pola dixitalización que, explicaba Jessica García “vai favorcer ao turismo pero tamén vai ser beneficioso para toda a cidadanía porque permitirá entre outras cuestións que se ofreza información sobre os horarios e as conexións do transporte público e outros servizos”. O que lamentaban é que o goberno local se sumara a esta iniciativa sen informar ao BNG.

Jessica García, BNG
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará