Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha raia xigante sorprende aos visitantes da Praza

WhatsApp Image 2024-04-26 at 11.03.28

Visitantes e comerciantes da Praza de abastos de Redondela puideron presenciar durante a xornada de onte a “exposición” dunha raia xigantesca de 62,5 quilos e 1,7 metros nun dos postos da lonxa.

O espécime non ten valor no mercado para o consumidor e vendíase a un prezo simbólico na lonxa de Vigo a 20 euros. Rodrigo Villar decidiu compralo e utilizalo como atractivo no seu negocio Peixes e Mariscos Rodrigo Villar. Estaba exposto de forma extraordinaria e ocupaba unha mesa de traballo enteira na peixería.

Unha das traballadoras da Praza de abastos comentaba que “este tipo de raia  non ten a mesma calidade e  sabor que a especie que se consume habitualmente, a raia de cravos ou raia común, polo que non se tiña pensado vender para o consumo ao non ter valor culinario”. Quen si viu unha oportunidade neste achado é Rafael Bañón, biólogo do Grupo de Estudo do Medio Mariño.  Clasificou o exemplar como “Taeniurops grabatus” e agora ten pensado utilizalo  nunha das súas investigación. A peza, unha vez analícese, será doada ao Museo de Historia Natural “Luís Iglesias” da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Taeniurops grabatus ou chucho negro é unha das especies de raia máis grandes do Atlántico oriental, pode alcanzar un diámetro máximo de ata 2,6 metros e é un habitante habitual das augas canarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará