Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manolón: “O obxectivo é o ascenso do SAR Opmobility”

438196684_932864748848453_7960177846474046079_n

A SAR Opmobility logrou imporse na Final Four contra o Seis do Nadal e o Rasoeiro e logra así a clasificación para a Fase de Ascenso que se celebrará a mediados de maio. Dende o club expresan a súa vontade de lograr o pase a Primeira Nacional e voltar á categoría bronce do balonmán estatal.

Manolón, adestrador do sénior masculino ou SAR Opmobility, mostrábase optimista e pon como obxectivo “o ascenso para voltar a unha categoría na que xa estivemos en tempadas pasadas”, polo que saben que a SAR “ten a capacidade para competir a nivel estatal”.

O obxectivo de quedar campións de liga de primeira autonómica non puideron cumprilo quedando de cuartos na táboa xeral con 33 puntos e a so dous do bronce, sen embargo o balance da tempada é positivo para o técnico. Nestes momentos están descansando para comezar 3 semanas de adestramentos e preparar o nivel que esixe unha competición desta categoría.

No caso de ascender a Primeira Nacional, o club tería que reforzar a plantilla  de xogadores, como xa fixeron en épocas anteriores, polo salto de calidade de xogo e sobre todo terían que “aumentar o presuposto pola loxística que implican os viaxes a nivel estatal”.

A SAR ten moitas posibilidades de voltar a Primeira Nacional . As datas concretas e os enfrontamentos da fase de ascenso aínda están por definir. Sábese que se celebrarán a mediados de maio. Os equipos clasificados para esta da tempada xogaranse, divididos en seis grupos, as nove prazas que outorgan o ascenso á categoría de bronce do balonmán español.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará