Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte cinco Maios para dar a benvida a primavera

Maios-02

O Concello de Redondela prepárase para celebrar unha das súas festas máis tradicionais. Nesta edición está confirmada a presenza de 25 Maios que se presentan a concurso e que tentarán facerse con algún dos premios en xogo nas categorías de Maio tradicional, artístico, mellores coplas e mellor interpretación.

A tradición mantense e serán finalmente 25 maio os que participarán na festa dos Maios do vindeiros mércores. Colectivos sociais, culturais, Anpas e grupos de amigos presentarán as súas figuras vexetais nunha xornada que volverá encher a Alameda de flores, música e retranca. Precisamente a orixinalidade e o humor deben estar presentes neses coplas se queren facerse con algún dos premios en xogo na categoría. Do mesmo xeito nenos e nenas pasarán esta fin de semana a ensaiar co obxecto de amosar a súa mellor interpretación sobre o escenarios. En canto ás figuras dentro da categoría de maio tradicional atoparemos conos e cruceiros mentres que as construcións máis sorprendentes as atoparemos entre os que concorren na categoría de maio artístico.

O concello repartirá en premios un total de 3.000 euros que se repartirán entre os primeiros clasificados de cada categoría que recibirá 300 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro premio de 200 euros.

A concelleira de Cultura, Rita Pérez anima á veciñanza a acudirá unha celebración onde os protagonistas da festa son “os propios veciños e veciñas de todas as idades, que de xeito colaborativo realizan os Maios tradicionais e artísticos, preparan as coplas e interprétanas para deleite de todo o público”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará