Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Susto nun autobús escolar cunha nena ferida leve

colexio quintela

O sinistro produciuse nas inmediacións do colexio de Quintela

Unha nena do Colexio de Reboreda resultou ferida leve tras producirse un incidente no autobús no que viaxaban cando ían recoller máis escolares ao Centro educativo de Quintela. Os feitos producíanse na mañá deste mércores cando unha das fiestras do teito do autobús escolar enganchouse cun cable de telefonía. Isto provocou que a fiestra rachara precipitándose ao interior do vehículo e danando unha das súas ocupantes provocándolle un pequeno corte na perna.

O susto foi maiúsculo entre os rapaces e rapazas que ían no seu interior logo de seren recollidos no colexio de Reboreda. Eras as dez da mañá de onte cando o autobús ía camiño doutro centro educativo, o de Quintela, onde estaba previsto recoller máis rapaces para participar na actividade Espallar tinta que se celebraba no centro da vila. A fiestra superior do autobús enganchouse cun cable baixo de telefonía no Camiño do Colexio o que provocou o sinistro. A nena de 10 anos resultou ferida leve e foi trasladada ao centro de saúde para curarlle as feridas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará