Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A escultura viva de Andreia Costas remexe e altera o rueiro do ArteLixo

WhatsApp Image 2024-04-18 at 13.33.14

“Adeus ríos, adeus fontes” é unha escultura viva de Andreia Costas, coa participación das Activísimas, que forma parte do rueiro do Artelixo 2024. Trátase dunha intervención artística viva de denuncia medioambiental contra uso da auga doce na industria  téxtil “exposta” no fachada da Casa da Torre ata o 20 de abril en horario de tarde.

Este Happening Art está causando sensación e revolta nas rúas de Redondela con centos de persoas achegándose a participar no proxecto da artista redondelá. O seu corpo espido conforma unha escultura co acougo e a pose do Pensador de Rodin. Vístese cun cobertor confeccionado a cadradiños polas mans da xente que se atreve a achegarse e coser un pedaciño de tea sobre o seu corpo. Estes cadrados son ademais poéticos e inclúen versos contra a utilización da auga potable para industria téxtil en denuncia da “moda rápida”.

Alegoría da fraxilidade do río

A escultura viva, efémera e participativa asegura, “non deixará residuos”.  Mestura a técnica do “patchwork quilt”, nome que se lle da aos  cobertores de anacos de refugallo, onde os pasantes escribirán versos de “adeus ríos, adeus fontes” de Rosalía de Castro reinterpretado pola poesía medioambiental  escrita por Andreia Costas. Os versos propios e alleos, da xente da rúa, son pinchados con imperdíbeis. Conta a artista que a intención é poñer “todo o que hai nela, mesmo a sangue exposta as agullas” como protesta e” para que tinga os novos tecidos que cada día van medrando”.

Comezou a fin de semana do 13 de abril e continúa a partir de hoxe e ata o sábado 20. Estará acompañada das Acivísimas, grupo de mulleres que xurdiu do curso de Lectura Activa que impartiu no Centro Sociocomunitario. 

O edredón foi medrando coa participación da xente do municipio, pero tamén dos peregrinos e os viandantes que veñen de todo o mundo a Redondela. A estatua viva está “colocada” na porta da Casa da Torre, un sitio moi transitado e que ten a característica de “estar preto dun río” . A auga do Rego do Campelo forma parte, de xeito simbólico, da intervención da artista para “denunciar a contaminación da auga doce”.

A partir de hoxe e ata o 20 de abril estará “exposta” en horario de tarde de 17:30h a 19:00 horas. O tamaño dos cadradiños de tecido , feitos con restos de panos usados,  teñen unha medida de 18cm x 18cm e neles pódese escribir un verso ou parte dun poema para que sexa enganchado como un manto no corpo espido de Andreia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará