Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina municipal amplía a súa oferta para favorecer a conciliación da vida laboral e deportiva

RR_Noticias

A empresa Serviocio, encargada da xestión do centro deportivo, oferta ata o vindeiro 17 de setembro a matrícula gratuíta a todos os que se queiran facer socios destas instalacións. Os abonados ademais de achegarse a piscina e as clases de natación poden tamén acceder a unha ampla gama de cursos deportivos no seu ximnasio. Como novidade aquelas persoas que conten cun abono familiar poderán facer uso da ludoteca infantil de xeito completamente gratuíto.

Co obxecto de adaptarse ás necesidades dos seus usuarios e converterse nun centro de ocio e deporte, estas instalacións amplíanse cunha zona infantil, un espazo de 30 metros cadrados adaptados as necesidades dos nenos que permitirán aos abonados gozar dun servizo de ludoteca en horario de 5 a 8. De xeito gratuíto poderán deixar aos nenos ata un máximo de dúas horas nos que estarán atendidos por monitores. Tam´ne se amplían as actividades ofertadas, e ademais de cursos de pilates, GAP, bodybalance ou bodypump haberá actividades específicas para os rapaces, que poderán seguir achegándose ás clases de natación pero amplían así o número de proposta orientadas aos máis pequenos como pilates infantil, baile ou heroican kids. Unhas instalacións que contan cun público moi fiel pero que queren coa nova oferta, a que se pode acceder ata o vindeiro domingo día 17, atraer a novos abonados que facéndose socios neste período non terán que pagar a matrícula.  

Xosé Fernández Director Piscina municipal
Actividades para favorecer a conciliación familiar e deportiva
Ludoteca gratuíta
O servizo estará dispoñible en horario de 5 a 8
Perfil de usuarios por franxas horarias
Con todo o perfil máis numeroso é o de persoas entre 35 e 45 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará