Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aprender inglés ao lado da casa

RR_Noticias

Arranca o mes de setembro e reactívase a oferta formativa en diferentes materias. Unha das que parece pendente de por vida para moitos é aprender inglés. No caso dos veciños de Redondela a súa aprendizaxe pode facerse sen necesidade de saír do concello, na sección da escola de idiomas que no IES Pedro Floriani imparte os diferentes cursos de inglés dende o nivel máis básico, para aqueles que non teñan ningún coñecemento, ata o máis avanzado. A preinscrición está aberta ata o vindeiro xoves 14 de setembro.

Os beneficios de aprender un idioma son innumerables. Ademais de mellorar as funcións cognitivas ou a memoria poden ser tamén unha vantaxe comparativa á hora de atopar un traballo ou de reciclarse no mundo laboral. Unha aprendizaxe que non sempre é doada pero que ten avanzado nos últimos tempos con clases menos teóricas e máis prácticas encamiñadas a que o alumno mellore as súas destrezas á hora de comunicarse noutro idioma. Neste sentido, a xefa de estudos da EOI de Redondela, Saray Fernández, salienta que nas clases que se imparten dende a Escola faise fincapé nos exercicios de comprensión abandonando o sistema tradicional no que se poñía o acento na gramática. Unhas clases que se imparten dous ou tres días a semana, dependendo do horario elixido polo alumno e que teñen un custe anual de 127 euros, un prezo económico comparado con calquera academia  de inglés. As persoas interesadas en aprender este idioma deben formalizar a súa inscrición antes do vindeiro xoves. Poden informarse na sección da Escola nas instalacións do IES Pedro Floriani en horario de tarde ou a través da páxina web www.eoidevigo.org.  

Saray Fernández Xefa estudos da EOI-Redondela
Unha aprendizaxe máis activa e práctica
Perfil moi variado
Xente que busca aprender por unha cuestión persoal por necesidade laboral ou para ampliar os seus estudos
Prezo asequible e horarios adaptados
127 euros anuais é o que custa aprender un idioma na Escola

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará