Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alumnos do IES Mendiño gañan o Jules Verne de Ensino

RR_Noticias

Un traballo sobre os tipos de minas elaborado por alumnas do centro de Cesantes foi recoñecido co primeiro premio destes galardóns educativos aos que se presentaron oito proxectos elaborados por 26 alumnos de sexto de primaria e da ESO de Redondela. O segundo premio recaeu tamén neste instituto nun traballo sobre a terra, a lúa e o sol. Os proxectos premiados permanecen expostos no Multiusos da Xunqueira.

O Concello de Redondela vén de entregar os galardóns da cuarta edición dos premios Jules Verne, dirixido a estudantes a partir de sexto de Primaria e que ten como obxectivo fomentar o traballo colaborativo e o enxeño entre os estudantes redondeláns. O premio presenta dúas categorías: o mellor traballo en ciencias e o mellor traballo de innovación na lingua galega, que este ano quedou baleiro. Entre os oito grupos participantes, o primeiro premio foi para o grupo “Celestinas” do IES Mendiño integrado por Emma Lago Ochoa, Candela Crespo Acuña, Martina Teles Cerqueira e Laura Iglesias Pérez que presentaron un traballo sobre os “Tipos de Minas” e polo que recibiron 480 euros. Do mesmo centro son os gañadores do segundo premio, o grupo “Spinners” formado por Ismael Couñago Cabaleiro, Mateo Romero Rey, Hugo Darriba Míguez e Natalia López Roo que conseguía este recoñecemento premiado con 300 euros co proxecto “A Terra, a lúa e o sol”. Traballos todos eles coordinados polo mestre Carlos Fernández que amosaba o seu orgullo polo traballo feito polos seus alumnos e subliñaba a importancia destes galardóns para impulsar aos estudantes a seguir esforzándose. Os galardoados recibían os premios nunha gala celebrada na Alameda de Redondela onde a concelleira de Ensino, Ángela Antón, destacaba a importancia dos Jules Verne de Ensino por potenciar a imaxinación dos estudantes e recoñecen o seu traballo.

1º premio Emma Lago
O grupo "Celestinas" obtivo o máximo galardón cun traballo sobre os tipos de minas.
2º Premio Mateo Romero
Un traballo sobre o sol a terra e a lúa valeulle o segundo premio ao grupo "Spinners"
Concelleira Ensino Ángela Antón
Destaca a importancia destes premios que recoñecen a imaxinación e o esforzo dos estudantes
Profesor Carlos Fernández
Foi o encargado de coordinar os traballos destes rapaces. Fai fincapé na importancia de premiar o bo traballo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará