Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela homenaxea a Carlos Casares

RR_Noticias

A súa obra literaria, compromiso social, o seu paso pola política, a defensa de Galicia e do galego son algúns dos aspectos que se recollen da figura do escritor ourensán na exposición que se pode visitar no Multiúsos da Xunqueira ata o vindeiro 15 de maio.

A Concellería de Cultura continúa cos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas coa inauguración da exposición “Carlos Casares. Creación e compromiso ético” na que se repasa boa parte da traxectoria do escritor dende a publicación do seu primeiro libro de relatos “Vento ferido” en 1960 até a súa última obra “O sol de verán” (2002) co que gañou o Premio Nacional da Crítica daquel ano. Un dos moitos recoñecementos que obtería o ourensán na súa traxectoria como destacaba a concelleira de cultura, Teresa París” A súa claridade, a sutileza e fina ironía no tratamento de temas do noso tempo e o seu afán renovador nas técnicas narrativas, son, segundo a Real Academia Galga, as marcas máis características do seu estilo, como tamén destacaba o profesor Carlos López Bernárdez durante a súa participación na mesa redonda celebra este xoves no Multiúsos e na que se falou do Carlos Casares poeta, escritor de literatura infantil, impulsor da nova narrativa galega así como das súas colaboracións xornalísticas. Un legado que dende a súa repentina morte en marzo de 2002 vén conservando e difundindo a Fundación que leva o seu nome dende ese mesmo ano.  

Carlos López Bernárdez escritor
Fala da figura literaria de Casares
MIguel Valverde Fundación Carlos Casares
Espallar a súa obra
Teresa París edil de Cultura
Fai un repaso polos seus logros literarios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará