Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior acusa ao PP de reducir a débeda a conta de non dar servizos aos cidadáns

RR_Noticias

O voceiro do Bloque, Manu Lourenzo critica que malia contar con maioría absoluta o goberno de Agustín Reguera presente os orzamentos municipais con cinco meses de atraso e “sen consensuar con ninguén”. Acusa ao alcalde de mentir cando asegura que mantén conxeladas as taxas municipais “cando o recibo da contribución pasou do 0,45 % ao 0,56 % e cando foi o propio Agustín Reguera o que solicitou que os veciños tributasen un 10% máis polo valor das súas propiedades” e de ocultar que boa parte das obras feitas no concello foron financiadas con cartos da Deputación.

O voceiro do BNG calificou de propio dun “goberno acabado” o feito de que Agustín Reguera teña que recorrer á mentira para xustificar os seus propios orzamentos. “Din que teñen conxelados os impostos cando o recibo da contribución pasou do 0,45 % ao 0,56 % e cando foi o propio Agustín Reguera o que solicitou que os veciños tributasen un 10% máis polo valor das súas propiedades.
A este respecto, o voceiro do BNG criticou que o goberno local presuma de “débeda 0” coa situación que están a padecer as veciñas e veciños. “O PP prefire que os impostos dos veciños beneficien aos bancos e por iso deixan orzamento sen executar namentres os comerciantes locais están a pasalas canutas,namentres temos un caos de tráfico, namentres a xente vai mercar fóra porque aquí as rúas están abandonadas.
Así mesmo, dende o BNG sinalaron que os principais investimentos que se están a facer no concello parten da Deputación e cualificou de” infantilismo político” o feito de que Agustín Reguera trate de ocultar que a Deputación de Pontevedra é quen paga boa parte das obras que se fan no concello. O feito de que poña como exemplo o arranxo do campo de Candán, ou o arranxo de lavadoiros cando esas melloras pagounas a Deputación demostran ata onde é capaz de chegar o PP coas súas mentiras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará