Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A fusión dos rexistros de Redondela e Pontecaldelas obriga a pechar a oficina tres días

RR_Noticias

A oficina do Rexistro da propiedade de Redondela permanecerá pechada hoxe venres e o luns  e martes da vindeira semana co obxecto de proceder ao envorcado de datos e a actualización informática necesaria logo da fusión dos rexistros de Pontecaldelas e Redondela. A partir de agora os usuarios do servizo poderán recoller a súa documentación inmobiliaria tanto na oficina de Redondela como na de Pontecaldelas, que permanecerá aberta aínda que sen contar cun rexistrador propio, quedando o Rexistro de Pontecaldelas como unha oficina de Atención ao usuario e o de Redondela como o principal.

A oficina de Redondela pasa a chamarse Rexistro de Redondela-Pontecladelas e terá a competencia inmobiliaria de oito municipios (Redondela, Mos, Soutomaior, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Pontecaldelas, A Lama e Cotobade).
O decreto elaborado polo Ministerio de Xustiza e que establece a nova fusións da demarcación rexistral prevé que a oficina de Pontecaldelas seguirá aberta, realizando xestións e atendendo aos usuarios, aínda que o feito de perder a un rexistrador propio abre a porta a que nun futuro se peche a oficina e os veciños desa localidade teñan que acabar desprazándose ao noso concello para realizar os tramites relacionados coas súas propiedades inmobiliarias, o que suporía ademais a perda dun novo servizo no rural.
Unha situación que deixa en situación de provisionalidade aos tres traballadores das dependencias de Pontecaldelas segundo denunciaba recentemente o alcalde desta localidade, Andrés Díaz.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará