A Asociación xuvenil Ventorock organiza por cuarto ano consecutivo unha xornada de convivencia na parroquia de Ventosela que se desenvolverá o sábado 6 na área recreativa da Miñoteira e no que se inclúen xogos e xantares populares así como un obradoiro que permitirá aos participantes elaborar un pandeiro artesán. A xornada rematará coa actuación dos grupos Empanada Folk e Güintervan.
A Asociación Xuvenil organizadora desta actividade centra os seus maiores esforzos na celebración do ventorock no mes de outubro, pero dende hai catro anos completan esa cita cunha xornada centrada na música folk e que, se orixinalmetne organizaban no Día das letras Galegas, este anos decidiron adiantar para evitar solapar as sáus actividades coa programación do Festival de Títeres. Un campionato de chave é a primeira das citas previstas e a continuación darase paso ao xantar popular. Pola tarde, organizan obradoiros para os nenos, contacontos e unha actuación de regueiferas Branca Trigo, Silvinha e Esther das Luras. A partir das 23:00 horas comezará a actividade central o concerto dos grupos Empanada Folk e Güintervan.