Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de catrocentos nenos participan dunha “Lectura na Rúa” ás portas do Multiúsos

RR_Noticias

Catrocentos trinta e un alumnos do CEP Santa Mariña e o EEI A Marisma de Redondela, de entre 5 e 12 anos, celebraron hoxe a súa particular homenaxe ao libro no mes das letras Galegas. A actividade, que nace con vocación de continuidade, desenvolveuse ao longo do Paseo da Xunqueira e consistiu nunha lectura na que participaron os rapaces e rapazas destes centros educativos .

“Lectura na Rúa”, que se desenvolverá de 10:00 a 13:30 h., é unha iniciativa da biblioteca do CEP Santa Mariña que conta coa colaboración do EEI A Marisma e as Bibliotecas Municipais de Redondela que busca celebrar fóra das aulas unha lectura conxunta de diferentes textos  para o cal colocáronse uns expositores con lecturas variadas, entre as que non faltaban as obras de Carlos Casares a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas. Logo das actividades no exterior, o alumnado asistiu a diversas actuacións entre as que destaca a de Paco Barreiro.  

Xornada de lectura
Os máis pequenos confesan pasalo moi ben nesta actividade
Genma CEP Santa Mariña
A iniciativa busca implicar a máis coles en vindeiras edicións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará