Hoxe é Xoves 12 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Monge presenta na Casa da Cultura a presentación do libro “Usted debería saber”

manuel monge

O encontro terá lugar hoxe xoves 12, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Redondela, coa participación do sociólogo e escritor Manuel Monge González quen nos achegará a esta obra literaria que leva por título “Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía. 90 anos con Franco”.

A obra propón unha reflexión histórica sobre a monarquía española e a súa relación co franquismo, abordando aspectos da historia recente que, segundo expón o autor, quedaron ocultos ou insuficientemente explicados no relato oficial. O libro invita a revisar o pasado e a profundar na relación entre a institución monárquica e os acontecementos políticos que marcaron España durante as últimas décadas.

A presentación contará coa presenza do propio Manuel Monge González, que dará a coñecer os principais contidos da publicación e compartirá co público as reflexións que vertebran o seu traballo.

A actividade, organizada por Sinha Pac, busca ofrecer un espazo para o coñecemento, o debate e a reflexión colectiva arredor da memoria histórica e da historia política contemporánea.

A cita será o xoves 12, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Redondela. A entrada está aberta ao público interesado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará