Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Alberto Vilas gaña o Martín Códax na categoría de música clásica contemporánea

RR_Noticias

O pianista redondelán Alberto Vilas gaña o premio na categoría de Música Clásica Contemporánea na IV edición dos Premios da música Martín Códax. Competía nesta categoría  con Roberto Oliveira e Alejo Amoedo. Outro redondelán, o polifacético Tatán e o seu disco Chapeu quedaron ás portas de facerse co premio na categoría de canción de autor, galardón que foi finalmente para Sonia Lebedynski. Entre os premiados tamén o último disco de Maria Fumaça “Aire!” con importantes presenza redondelá e que se fixo co premio na categoría de música infantil.

O pazos da Cultura de Pontevedra acolleu onte a IV edición dos premios galegos da música, nunha gala con máis de 700 persoas onde o sector deixou oír as súas reinvindicacións (baixada do IVE, maior promoción por parte da Administración da música feita en Galicia, máis presenza de programas de música na televisión pública…).
Unha gala marcada sobre todo por ese premios que recaeron en dezaseis artistas e grupos de todos os estilo que se fixeron coa estatuilla obra do escultor Victor Lorenzo. Os Amigos dos Músicos, Agoraphobia, Iago Fernández, Melandrómeda, Alberto Vilas, Vaamonde, Lamas e Romero, Talabarte, María Fumaça, Pálida, Aphonnic, Davide Salvado, Sonoro Maxín, Áureas en Voga, VooDoo, Sonia Lebedinsky e Ejazz, foron os gañadores. Xunto co premio honorífico que recaeu en Dorothé Schubarth.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará