Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

140 participantes na II Carreira de Orientación de Redondela

RR_Noticias

A tan só unas horas de que se peche o prazo de inscrición son xa 120 os anotados, aínda que a Concellería de deportes estima que serán finalmente ao redor de 140 as persoas que participen este domingo na II carreira de Orientación que organizan polo casco urbano de Redondela. Unha cita deportiva organizada en colaboración coa asociación de montañeiros A Roelo de Pontevedra que esperta o interese de grandes e cativos e que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O percorrido desenvolverase polo casco urbano da vila e os participantes deberán axudarse dun mapa e un compás para atopar os puntos predeterminados pola organización e que estarán sinalizados con balizas.
Unha modalidade deportiva que baixo o lema “primeiro pensa, despois corre” está aberta a todo tipo de públicos e idade. Esta segunda carreira de orientación organizada pola Concellería de deportes e coordinada pola asociación de montañeiros A Roelo de Pontevedra, desenvolverase o domingo 7 a partir das 10:00 horas cun percorrido completamente urbano, permitindo achegarnos a lugares descoñecidos ou nos que non reparamos habitualmente.
Para o bo desenvolvemento da proba contarase coa colaboración de Protección Civil e Policía Local.
O atractivo principal deste tipo de proba radica en que os participantes deben sumar diferentes cualidades, xa que o máis importante non é correr senón desenvolver a capacidade para ler o mapa e saber cales son os nosos puntos de destino.
Este ano os centros educativos de Laredo, Cedeira e Santa Mariña achegaron esta modalidade deportiva aos alumnos, mediante charlas dun técnico especializado, que durante hora e media nos propios centros, desglosou as características principais da mesma e animou a participación este domingo.
Ante o éxito destas convocatoria, dende a Concellería traballan xa na posibilidade de organizar unha nova proba cunha cartografía diferentes de cara a outubro que se realizaría na zona das Telleiras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará