Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns están chamados a participar nun LipDub na Alameda

RR_Noticias

A produtora viguesa Alén Filmes está a preparar un novo programa televisivo “Galicia LipDub” que os vai levar a oito concellos de toda a comunidade co obxectivo de que os seus habitantes participen dun vídeo musical multitudinario. Entre os municipios elixidos atópase Redondela, lugar no que este mesmo domingo teñen previsto gravar o Lip Dub ao ritmo do tema “Ai Dolores” de Lamatumbá.

Un dos motivos de elixir o noso concello foi o elevado e variado movemento asociativo existente no municipio. De feito, dende Alén filmes xa se puxeron en contacto con diferentes colectivos, colexios e agrupacións deportivas para contar coa súa colaboración, malia todo lembran que poder participar da experiencia calquera que o desexe. O único que hai que facer e achegarse este domingo día 7 a Alameda as 11:00 horas para participar dun ensaio xeral ou ben, os máis atrevidos, poden participar directamente da gravación definitiva que terá lugar ás catro da tarde. Os organizadores fan un chamamento aos veciños para que acudan e aínda mellor se o fan disfrazados. Esperan ademais superar a participación acadada en Cangas, onde o programa xa foi gravado, e no que participaron ao redor de mil persoas. O programa durará uns 50 minutos e será emitido no verán nunha data aínda por concretar. Iso si, os participantes terán ocasión de asistir a un pase da gravación nada máis rematar a mesma.  

Marta Rodríguez Alén FIlmes
Que é un Lip dud?
María Domínguez
Explica o motivo de ter elixido Redondela para a gravación do video
Un programa televisivo
Un xeito de unir a diferentes colectivos nun mesmo proxecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará