Hoxe é Xoves 22 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumando do IES Mediño achégase ao arquivo municipal

Arquivo.Mendiño.acca8c7-3c86-4a7b-8580-4244a98fb611

O Concello de Redondela recibiu esta semana un grupo de alumnos e alumanas de 3º da ESO do Instituto Mediño que se achegaron a casa consistorial e realizaron unha sesión de traballo no Arquivo Municipal.

Os estudantes foron recibidos pola alcaldesa, Digna Rivas, quen lles explicou o funcionamento da administración local e o valor histórico que gardan tanto o Arquivo Municipal como o propio edificio da Casa do Concello. O alumnado visitou tamén as dependencias do Arquivo e, acompañados polas técnicas do servizo puideron achegarse a documentos históricos, planos antigos, fotografías e actas oficiais que gardan a historia da vila.

Tamén tiveron a oportunidade de consultar no antigo salón de plenos do Concello a prensa do seu ano de nacemento, o 2012. Isto permitiulles descubrir en primeira persoa o que acontecía en Redondela e no mundo naquel momento. As técnicas amosáronlles tamén o proceso de conservación, catalogación e consulta do patrimonio documental, espertando o interese da mocidade pola investigación local.

A alcaldesa destacou “a importancia destas visitas para que as novas xeracións sintan orgullo do seu pasado e comprendan o valor das institucións públicas”. Rivas agradeceu ao profesorado do IES Mendiño a súa iniciativa e convidou ao resto de centros educativos da localidade a facer uso destas ferramentas pedagóxicas e achegarse ás instalacións do Concello “que gardan e custodian a memoria viva de todos nós”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará