Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas preferentes deciden esta tarde se boicotean ou permiten a celebración do Pleno

RR_Noticias

A plataforma comarcal reúnese ás 18:30 horas para estudar a proposta que lles fixo chegar o alcalde, Javier Bas e que pasa por permitirlles a lectura dun manifesto no inicio da sesión a condición de que permitan a celebración do debate político. Os preferentistas insisten ademais en que a súa decisión está condicionada polo proceder doutras plataformas da provincia.

Nos últimos días continúan os boicots nos plenos que se están a celebrar en diferentes concellos da provincia e o mesmo podería acontecer coa sesión convocada para esta tarde ás 20:00 horas. Con todo, os afectados polas preferentes aínda non teñen claro cal vai ser a súa postura nesta sesión e de feito, será nunha xuntanza que van celebrar esta tarde ás 18:30, cando decidan se rebentan o pleno ou se pola contra aceptan a proposta do Alcalde, Javier Bas: ler un manifesto no inicio da sesión e en contrapartida permitir a normal celebración do pleno.
Unha proposta do goberno local que chega logo de que no inicio de semana se reunisen os afectados tanto con Javier Bas como co seu homólogo en Soutomaior Agustín Reguera. Unha xuntanza na que os rexedores lles transmitiron a súa disconformidade coa quita e lles amosaron o seu apoio no proceso de arbitraxes.
Os afectados reclamaron tamén a Bas que transmita unha petición de cita co presidente de Novagalicia Banco José María Castellano e coa deputada do PP, Irene Garrido Valenzuela, para que lles expliquen con detalle as condicións da quita.
No pleno de hoxe debería tomar posesión do seu cargo o edil Julio Alonso Monteagudo en substitución de Alberto Pazos. Dentro da orde do día inclúense outros puntos como a aprobación da ordenanza reguladora das terrazas na vía pública ou a normativa que debería regular a actividade dos fúranchos. Asuntos aos que habería que engadir as mocións e as comparecencias solicitadas polos grupos da oposición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará