O club internacionalista de Redondela organiza este venres día 5 un video forum coa proxección da película Yo Cristina F. e un debate posterior no que se falará dos “Fillos das drogas” coa presenza da presidente da asociación Érguete de Vigo, Carmen Avendaño.
Na charla participarán ademais a educadora social das asociación Alborada, Maria Besada e de Ërguete, Lucía Pereda. Previamente os asistentes asistirán ás 20:30 horas á proxección da película Yo Critina F. un duro relato sobre o efecto das drogas na xuventude. Cóntanos a vida dunha adolescente de 14 anos de idade que pouco a pouco vaise enganchando á heroína, ata o extremo de ter que se prostituir para pagarse a súa dependencia. Baseada en feitos reais a película do ano 1981 tivo un gran éxito de público