Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas oficinas de Novagalicia en Redondela abrirán en horario de tarde

RR_Noticias

As sucursais da Praza de Ribadavia no casco urbano e Avenida de Vigo en Chapela serán dúas das 102 oficinas da entidade que abrirán en horario de mañá e tarde a partir do vindeiro seis de maio. Estas sucursais manterán as súas portas abertas de luns a xoves dende as 16:30 ás 20:00 horas.

As sucursais de NCG en Avenida de Vigo en Chapela e a da Praza de Ribadavia ampliarán polo tanto o seu horario de atención ao público abrindo as súas portas ademais de pola mañá, tamén de 16:30 a 20:00 horas de luns a xoves durante todo o ano, agás nos meses de xullo e agosto. Un novo horario que comezará a funcionar o vindeiro 6 de maio.
A entidade financeira apunta que con este novo horario, que afecta a un total de 102 oficinas en toda a comunidade, busca mellorar a atención e as prestacións aos clientes á vez que conserva 290 postos de traballo. Asegura o director xeral de Novagalicia que con este cambio “o banco reforza a súa capacidade de servicio nas zonas con maior densidade de clientes, é dicir, en localidades con máis de 10.000 habitantes ou más de 5.000 clientes”
Unha medida que contrasta curiosamente coa decisión da entidade de pechar unha das dúas oficinas que actualmente funcionan en Chapela. Decisión que vai obrigar aos veciños da zona alta da parroquia a quedar sen servicio ao clausurar a oficina do barrio da Igrexa e que conta cun amplo rexeitamento entre os veciños e comerciantes da zona que están a recoller sinaturas contra a medida.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará