Hoxe é Sábado 18 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dimite en bloque a directiva do CD Choco por un “clima insostible” e tras semanas de tensión interna

virginia-choco

Foto: A directiva presidida por Virginia Ricón asumira a dirección en maio de 2023


A directiva do Club Deportivo Choco, presidida por Virginia Ricón, vén de presentar a súa dimisión en bloque logo de case tres anos ao fronte da entidade nun contexto marcado pola tensión interna e diversos conflitos recentes no seo da institución. Convocan aos socios a unha asemblea extraordinaria que terá lugar o sábado 2 de maio no Multiúsos da Xunqueira ás 19:00 horas. Nesa reunión “abordarase a situación actual do club e iniciarase o proceso correspondente para a constitución dunha nova directiva”.
A decisión, segundo explica o propio club a través dun comunicado feito público na tarde de onte a través das súas redes, foi “profundamente meditada” e prodúcese tras unha serie de acontecementos que xeraron un “clima absolutamente incompatible cos valores do deporte”. A directiva denuncia a existencia de ameazas, insultos e comportamentos que cualifican de intolerables, situacións que consideran que lles impiden continuar co seu labor en condicións axeitadas.
“O deporte debe ser un espazo de respecto, convivencia e traballo colectivo. Porén, cando se traspasan certos límites e se vulneran principios básicos de seguridade, respecto e dignidade, resulta imposible continuar desenvolvendo o noso labor”.
O episodio que precipitou esta crise, que xa se viña xestando dende hai tempo, foi a destitución do adestrador do equipo xuvenil o pasado domingo. Segundo fontes próximas ao club, a decisión de cesar ao adestrador respondería a motivos extradeportivos e derivou nun forte enfrontamento con pais e nais de xogadores, que amosaron o seu desacordo coa medida adoptada pola directiva.
Ante esta situación, a entidade convocou unha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o sábado 2 de maio, ás 19:00 horas, no Multiúsos da Xunqueira. Nesa reunión, a actual presidenta e o resto da directiva formalizarán a súa dimisión ante os socios e abordarase a situación actual do club, ademais de iniciar o proceso para a constitución dunha nova xunta.
No seu comunicado, a directiva saínte agradece o apoio recibido durante o seu mandato e expresa o seu desexo de que o futuro do club estea guiado polos valores de respecto, convivencia e traballo colectivo que deben prevalecer no ámbito deportivo. Así mesmo, solicita comprensión e respecto neste momento de transición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

2 respostas

  1. Grazas por tomar está decisión. Os valores do deporte deben de estar siempre por encima de otros intereses, sexan os que sexan. Seguramente quen veña mellorará a situación actual.
    Me gustaria que nestes comunicados se contara a realidade, si que había unha situación insostible pero non nos contan os motivos que a provocaron, de vez en cando unha autocrítica non está de mais.

  2. Sería bueno que contrastaseis o le dieseis voz a las otras partes que se mencionan ahí. Porque de lo que SI hay pruebas escritas y en audio son de las amenazas e improperios dichos y escritos por miembros de la directiva hacia los jugadores, cuerpo técnico y algunos padres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará