Foto: A directiva presidida por Virginia Ricón asumira a dirección en maio de 2023
A directiva do Club Deportivo Choco, presidida por Virginia Ricón, vén de presentar a súa dimisión en bloque logo de case tres anos ao fronte da entidade nun contexto marcado pola tensión interna e diversos conflitos recentes no seo da institución. Convocan aos socios a unha asemblea extraordinaria que terá lugar o sábado 2 de maio no Multiúsos da Xunqueira ás 19:00 horas. Nesa reunión “abordarase a situación actual do club e iniciarase o proceso correspondente para a constitución dunha nova directiva”.
A decisión, segundo explica o propio club a través dun comunicado feito público na tarde de onte a través das súas redes, foi “profundamente meditada” e prodúcese tras unha serie de acontecementos que xeraron un “clima absolutamente incompatible cos valores do deporte”. A directiva denuncia a existencia de ameazas, insultos e comportamentos que cualifican de intolerables, situacións que consideran que lles impiden continuar co seu labor en condicións axeitadas.
“O deporte debe ser un espazo de respecto, convivencia e traballo colectivo. Porén, cando se traspasan certos límites e se vulneran principios básicos de seguridade, respecto e dignidade, resulta imposible continuar desenvolvendo o noso labor”.
O episodio que precipitou esta crise, que xa se viña xestando dende hai tempo, foi a destitución do adestrador do equipo xuvenil o pasado domingo. Segundo fontes próximas ao club, a decisión de cesar ao adestrador respondería a motivos extradeportivos e derivou nun forte enfrontamento con pais e nais de xogadores, que amosaron o seu desacordo coa medida adoptada pola directiva.
Ante esta situación, a entidade convocou unha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o sábado 2 de maio, ás 19:00 horas, no Multiúsos da Xunqueira. Nesa reunión, a actual presidenta e o resto da directiva formalizarán a súa dimisión ante os socios e abordarase a situación actual do club, ademais de iniciar o proceso para a constitución dunha nova xunta.
No seu comunicado, a directiva saínte agradece o apoio recibido durante o seu mandato e expresa o seu desexo de que o futuro do club estea guiado polos valores de respecto, convivencia e traballo colectivo que deben prevalecer no ámbito deportivo. Así mesmo, solicita comprensión e respecto neste momento de transición.










5 respostas
Grazas por tomar está decisión. Os valores do deporte deben de estar siempre por encima de otros intereses, sexan os que sexan. Seguramente quen veña mellorará a situación actual.
Me gustaria que nestes comunicados se contara a realidade, si que había unha situación insostible pero non nos contan os motivos que a provocaron, de vez en cando unha autocrítica non está de mais.
Os motivos que provocaron esa situación insostible ¿xustifican o intento de agresión e as ameazas de morte a unha persoa?. Se houbo ameaza de morte non hai que escoitar ningunha versión
Sería bueno que contrastaseis o le dieseis voz a las otras partes que se mencionan ahí. Porque de lo que SI hay pruebas escritas y en audio son de las amenazas e improperios dichos y escritos por miembros de la directiva hacia los jugadores, cuerpo técnico y algunos padres.
Como lectores e membros desta comunidade, agardamos un xornalismo equilibrado e responsable dun medio de comunicación local. O artigo publicado recentemente presenta só unha versión da historia, favorecendo unha xunta directiva que agora se presenta como a vítima, pero cuxa xestión foi amplamente investigada e cuestionada por pais, adestradores e membros do propio club.
É importante sinalar que o descontento non xurdiu de súpeto, nin se debe unicamente a unha “atmosfera tensa”, como se suxire. Comezou cando esta xunta se fixo cargo do club. Diversas decisións e casos de malos tratos xeraron insatisfacción: adestradores que marcharon sen explicacións claras, acusacións de trato desigual e unha percepción persistente de favoritismo cara a familiares ou socios próximos dentro da estrutura do club.
Máis alá da retórica, hai testemuños daqueles que formaron parte deste proxecto, que describen prácticas moi afastadas dos valores que deberían rexer calquera institución deportiva: respecto, desenvolvemento holístico e traballo en equipo. Non se trata de incidentes illados, senón dun problema recorrente, segundo moitos.
Polo tanto, é fundamental que os medios de comunicación amplíen a súa cobertura e investiguen a fondo, dando espazo a ex xogadores, adestradores e pais. Escoitar a todas as partes non só enriquecería a información, senón que tamén permitiría que a comunidade se formase unha opinión baseada nunha comprensión máis completa dos feitos.
O futuro dun club con profundas raíces na nosa vila merece ser tratado con seriedade e compromiso. Ignorar estas preocupacións ou presentar só unha versión dos feitos non axuda a resolver a situación; só a agrava.
A invitación é clara: informemos con responsabilidade, investiguemos con rigor e, sobre todo, prioricemos o benestar da xente nova e do deporte na nosa comunidade.
Lo que también está claro, es que al margen de todo esto, hay bastante gente que le gusta predicar o dar lecciones y sobre todo manipular o intentar manejar un club a su antojo desde el sofá de casa. Con sus errores esta directiva asumió un cargo cuando nadie lo hacía (con el riesgo de desaparición) y no se vio a nadie tan preocupado. Entiendo que de esta vez si se presentarán para TRABAJAR desde dentro y no desde el bar, que ahí todos somos muy buenos.