A polémica das peonalizacións estase a vivir estes días nas rúas do Casco Vello de Redondela. Os negocios que se posicionan en contra da medida anunciada polo Concello de Redondela, e que suporá a prohibición do tráfico rodado dende a Praza da Constitución ata a Rúa Eidos, foron os primeiros en deixar constancia do seu posicionamento colocando cartaces e pancartas na rúa. Con todo, hai tamén veciños e negocios que apostan por esta medida e que decidiron visibilizar o seu apoio á peonalización de Telmo Bernárdez cun si rotundo detrás do lema “a nosa rúa, o teu espazo, camiña, respira e goza”.
A peonalización das rúas do casco vello que afectará de cheo á circulación dos veciños e veciñas que adoitan subir aos Eidos dende o acceso da praza da Constitución, ten os seus defensores e detractores. Todos eles queren visiblizar a súa psotura e non dubidaron en colocar pancartas e carteis en diferentes escaparates, portais e negocios.
Os primeiros en posicionarse foron os negocios que rexeitan a medida cunha gran pancarta que cruza a rúa. Pouco despois, nunha das fachadas dun edificio apareceu outra pancarta en sentido contrario e tamén carteles co texto “si rotundo á peonalización!!! Os residente e veciños tamén temos voz!! Por unha rúa regura e agradable para todos e todas. Todos somos peóns!!”
Unha postura que é tamén a defendida dende o goberno local quen promove esta peonalización froito dun acordo de goberno entre PSOE e AER.
Mentres os opositores continúan a espera de que os convoquen a unha reunión para abordar esta cuestión e que solicitaron o pasado día 4 de marzo.


2 respostas
Radioredondela non está sendo xusta, estase alineando cunha versión. Na nova das visións contrarias a penalización sacaba audios dos afectados e nesta nova non, por qué?.
Bo día, estariamos encantados que te puxeras en contacto con nós para poder entrevistarte, tal e como xa fixemos anteriormente con algún dos negocios posicionados a favor da peonalización
https://www.radioredondela.com/2025/02/06/peonalizacion-si-peonalizacion-non/