Hoxe é Luns 28 de Abril de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro cultural de Vilar celebra o seu aniversario

vilar

Co gallo desta conmemoración este domingo día 23 de marzo convida á veciñanza a unha tarde de convivencia e festa na sede do centro a partir das 17:00 horas. Música, baile e actividades pensadas para público familiar centrarán o programa de actividades que se prolongará durante a tarde.

Para amenizar a xornada haberá actuacións do grupo de baile moderno Falcatruada, o Grupo de pandereteiras Follas Verdes e o Grupo de gaitas e percusión Aluarado, todos eles formacións da propia parroquia de Vilar de Infesta.

Haberá tamén actividades pensadas para os máis cativos como o espectáculo Duende Circo un show cheo de humor, malabares, música e maxia que sorprenderá a grandes e pequenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará