Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mínima Expresión: a galería máis cativa do mundo cumpre dez anos promovendo a arte pequena

minima expresión

Unha neveira en desuso na rúa Pai Crespo e tres amigos cunha idea: recuperar esa instalación e convertela nun escaparate para que calquera artista que o desexe poida amosar alí as súas creacións. Nacía así en 2015 a galería “Mínima Expresión” da man de Pablo Pastor, Fon Conde e Gerardo Fuentes. Dez anos despois continúan traballando para que a “galería de arte máis pequena do mundo” continúe enchéndose de contido. Actualmente alberga unha obra conceptual de Ángela Hernández Bouzón.

Os tres artífices da proposta, que se agochan baixo o xogo de palabras humorístico Colectivo Pitrina, salientan a colaboración en todo momento dos propietarios da Discotasca “quen dende o principio amosaron a súa disponibilidade a ceder ese vello escaparate frigorífico” que converteron nunha pequena galería de arte, case con seguridade, a máis pequena do mundo.

Fuentes subliña que o espazo conserva o encanto da pátina do tempo, mesturando creatividade e sentido do humor; o lugar propicio para  xerar a curiosidade no espectador.

Ao longo destes dez anos pasaron por esta neveira reconvertida en galería ao redor de 30 variadas propostas artísticas.  Colectivos como  Artelixo, Redondela en curto ou colectivo Coliflor, pero tamén artísticas a nivel persoal: Vento, Justo Ilhuicamina, Luis Borines, Lucía Leirós ou incluso obras chegadas dende o outro lado do atlántico como a proposta de Antagónica Furry.

A obra que actualmente ocupa o espazo leva por nome “Ao outro lado da luz”. Ángela Hernández Bouzón convídanos con esta proposta a penetrar nas profundidades da escuridade “a través dunha colección de autoretratos, a artista revela a importancia de confrontar as nosas sombras”.

Intervencións que buscan achegar a arte a todo tipo de público “dun xeito divertido e didáctico, ao tempo que ofrecen un pequeno espazo a artistas de todas as disciplinas”. Con todo, Fuentes lamenta a “desidia” por parte da xente máis nova que non é moi proactiva á hora de participar e convidan a todo o mundo próximo á arte a que achegue as súas propostas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará