Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os maiores apostan polo envellecemento activo

maiores

Unha 800 persoas participan nos cursos de memoria e ximnasia que organiza o Concello de Redondela dirixidos a persoas maiores de 55 anos. Son actividades de balde que se están a desenvolver tanto nas parroquias como nos núcleos urbanos de Chapela e redondela baixo o nome de “Redondela Vital” e “Redondela en Forma”.

No curso “Redondela Vital” o obxectivo é previr o deterioro da memoria, polo que os participantes practican xogos interactivos e diferentes exercicios que lles axudan a reforzar a memoria e a atención, e tamén incrementan a agudeza auditiva e visual, o que redunda nunha mellor calidade de vida. Nesta actividade hai un total de 16 grupos nos que participan máis de 300 persoas. As clases comezaron esta semana no Multiúsos Redondela, Multiúsos Chapela, A.VV. Soutoxuste, Escola Vella Saxamonde, CC Vilar, CC Quintela, CC Cidadelle, CC Cedeira, CCD Cesantes, CC Ventosela Miñoteira, A.VV. Chapela, ADC Rande, CC Sto Estevo, CC Cabeiro, CC Saramagoso, SLC Reboreda.

No caso dos cursos “Redondela en Forma” a práctica de ximnasia e exercicios de mantemento ten moitos beneficios para os adultos maiores. Este exercicio moderado activa a circulación, mellora o ton muscular, diminúe niveis de tensións e alivia a dor articular. O éxito destas clases está asegurado, con máis alumnado cada ano. Esta semana estreouse o curso 2025 con preto de 500 participantes. A actividade impártese nos pavillóns da Marisma, o González Soto de Chapela, e na Escola Vella Saxamonde, CC Quintela, CC Cedeira, CCR Chapela, SLC Reboreda, CC Ventosela na Miñoteira, CC Saramagoso, CC Cabeiro, CC Sto Estevo, CCD Cesantes e CC Vilar.

A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que estas actividades antes limitábanse a Redondela e Chapela, e que agora se imparten tamén no resto do termo municipal. A rexedora destaca a importancia de achegar estes cursos a toda a poboación “facilitando que poidan participar deles sen desprazarse da súa parroquia”. A demanda é cada vez maior, “polo que se ampliou o número de prazas con máis grupos para dar resposta a todas as solicitudes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará