Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos dous xemelgos tras agredir un mozo nun bar en Chapela

policia

Os dous detidos, xemelgos de 34 anos de idade, son veciños da parroquia e pasarán hoxe a disposición xudicial tras seren detidos na madrugada do domingo por causar lesións a un terceiro. O ferido tivo que ser trasladado a un centro hospitalario para ser atendido das lesións que lle causaron.

Os feitos tiveron lugar ás catro da madrugada do domingo, cando o 112 Galicia alerta á Policía Local dunha agresión que se tería producido nun local nocturno na Avenida de Vigo en Chapela. Unha vez no lugar, os axentes procederon á detención de dous varóns, dous irmáns xemelgos que foron recoñecidos por varias testemuñas como autores dunha forte agresión a un terceiro, que resultou ferido de consideración, previsiblemente con rotura do tabique nasal, sendo trasladado a un centro hospitalario para a súa atención.

Os detidos, que pasarán ao longo da xornada de hoxe a disposicións xudicial, enfróntanse a un delito de lesións. A propia vítima tamén os identificou como autores da agresión sen que teña transcendido o motivo da liorta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará