En Terceira división o Pazos FS foi quen de sumar tres puntos na súa visita ao Campo Municipal de Baamonde. Un destacado Marcos na portería que impediu aos locais marcar ningún tanto, mentres que Luis, Pablo e Jacobo foron os artífices dos tres tantos do Pazos.
Begonte 0-3 Pazos
Situados nunha cómoda cuarta praza, na vindeira semana reciben ao SD Outeiro de Rei.
En Preferente só o Campito Chapela foi quen de sumar nun partido ante o Cesures que gañaron por 7-5. Pola súa banda tanto o Arealonga no campo do Valadares como o Redondela ante o equipo das Neves, caeron ante os seus rivais.
Valladares 6-2 Arealonga
Redondela Rodavigo 4-6 As Neves
Campito Chapela 7-5 Cesures
Na vindeira xornada o Redondela tentará defender a súa terceira praza no campo do Pecheches, mentres que o Campito visitará o campo da Quinta de Tui. Os de Arealonga, cada vez máis afundidos no pozo da clasificación, reciben ao Beade.