Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas de Vero Posada fanse coa vitoria no derbi galego coa Cañiza

sar

Un derbi intenso no que as xogadora de División de Honra prata da Sar lograron unha importante vitoria.

Balonmán Cañiza 25 – 31 SAR Rodavigo

Partido que arrancou moi igualado, con ambos equipos intercambiándose goles ata chegar aos minutos finais do primeiro tempo, cando as as xogadoras de Redondela lograron adiantarse e marchar ao descanso cunha vantaxe de tres goles (12-15).

Na segunda metade as anfitrioas foron quen de remontar igualándose novamente o marcador. Con todo, as da SAR apertarían ata ir sumando distancia e lograr unha merecida e traballada vitoria por 25-31.

A próxima semana reciben na bomboneira ao Gijón, partido que se disputará o sábado 15 ás 18:30  e no que as de Redondela deberán empregarse a fondo xa que xogan co actual líder da clasificación, equipo practicamente imbatible xa que dos 17 partidos xogados fixéronse coa vitoria en 15, mentres que caeron derrotadas en tan só dous.

Derrota para os dous equipos redondeláns que militan na primeira autonómica masculina

SAR OPmobility 29 – 33 Balonmán Línea21

A Sar asinaba a súa primeira derrota na casa nun partido intenso e moi esixente, xa cun inicio moi complicado cun 1-5 encontra. Os locais lograron reaccionar e lograr o empate. Na segunda parte os visitantes souberon aproveitar as perdas e os erros en ataque da Sar ata chegar ao resultado final de 29-33. Na próxima xornada o equipo visita o campo do Bueu Atlético BM, pechacancelas do grupo.

Derrota tamén para o Chapela que caía pola mínima ante o Balonmán Loriga

Balonmán Loriga 29-28 Balonmán Chapela

Na próxima semana o Chapela, situado na sexta praza recibie a un rival directo, o Grove, quintos na competición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará