Os Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela e a Xunqueira en Redondela así como o Centro Cultural de Vilar enchen a fin de semana de teatro. O sábado será coa compañía Porta Aberta quen actuará en Chapela ás 20:00 horas. O domingo a proposta é dobre: na Xunqueira actuará Xampatito pato ás 18:00 horas e en Vilar a compañía Roto e descosida.
O ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural e social de Chapela ofrécenos este sábado ás 20:00 horas con entrada de balde a obra “Munuwa” da compañía viguesa Porta Aberta. Unha comedia sobre un profesor de mediana idade, Darío, canso da vida rutineira que levaba mantendo coa súa ex-muller, aturando os caprichos do seu fillo adolescente e as burlas do seu mellor amigo, toma a decisión de mudar radicalmente de vida e irse ao outro lado do mundo.
No Multiúsos da Xunqueira arranca este domingo 26 de xaneiro as seis da tarde o ciclo de teatro infantil que organiza o Concello coa obra “Compaña” de Xampatito pato, un proxecto que fusiona o circo co mundo das marionetas, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.
A mesma hora no Centro Cultural Vilar de Infesta terá lugar a actuación da compañía de teatro Roto e Descosida, que representará a obra “A historia de Rata o Pirrata”. Un espectáculo familiar cunha posta en escena chea de humor, creatividade e unha narrativa que combina aventuras e valores con entrada de balde.