Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Goza do teu punto G” a chamativa campaña de Soutomaior para a promoción do uso do galego

CARTAZ CAMPAÑA NORMALIZACIÓN

O concello de Soutomaior vén de presentar a nova campaña de Normalización Lingüística que leva por nome “Goza do teu punto G, o galego dáche un punto”. Unha campaña que promoverá o idioma na administración local, na música, nas artes escénicas, no deporte e, en definitiva, no día a día das veciñas e veciños e que busca poñer en valor o idioma cun toque de humor.

Dentro desta campaña está previsto impulsar accións a través de diferentes áreas que conectan directamente coa cidadanía impulsando o galego na escena, ofertando espectáculos teatrais dirixidos a todas as idades con propostas de grandes compañías como Talía Teatro, Excéntricas, Tarabela Creativa, Centro dramático galego ou os monólogos a cargo de Carlos Blanco, Isa Risco, Avelino González e Celsiño, Arantxa Treus. Un programa que incluirá propostas musicais con artistas de renome e gran tradición como por exemplo os que se realizarán na Igrexa de San Salvador como o de Mini Rivas ou Tino Baz.

O goberno local propón tamén impulsar o galego no ámbito deportivo, asinando convenios coas entidades deportivas e nas promoción do deporte en galego así como no ámbito económico traballando conxuntamente co sector no uso da lingua galega nos seus negocios e ofrecéndolles formación  que melloren as súas competencias lingüísticas na atención ao público en galego para apostar polo valor engadido que supón a incorporación do idioma na venda de produtos e dos servizos que prestan.

Traballarase o galego nas Tic  aumentado a creación de contidos en galego nos soportes dixitais e comunicativos do Concello pero tamén impulsando a creación de recursos en galego para compartir nas redes social e organizando tamén actividades de lecer  e de formación que fomenten o uso da lingua.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo presentou esta campaña salientando a necesidade de defender o idioma ante unha situacións que pon en risco o galego xa que tal e como constatan os datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) son xa máis os e as cidadáns que residen en Galicia falando sempre en castelán, un 29,66%, que os que utilizan a lingua cooficial no seu día a día de forma continua, un 24,37% “por este motivo decidimos levar adiante unha campaña en positivo, transversal e cun toque de humor para poñer en valor todo o potencial que ten o noso pobo e todo o que podemos ser dende o galego”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará