Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de empresarios celebra 40 anos impulsando o comercio local 

asoicación empresarios

O colectivo empresarial prepara un programa de actos e actividades que se prolongará ao longo de todo o ano para celebrar a constitución da entidade, que naceu en  xaneiro de 1985 iniciativa dun grupo de empresarios que se reuniron na cafetería Stop co obxecto de promover o desenvolvemento económico do municipio. Un traballo que catro décadas despois segue a realizar a súa actual directiva presidida por Enrique Lago.

En xaneiro de 1985 votou a andar o proxecto de constitución da Asociación de Empresas de Redondela. A iniciativa xestouse na antiga cafetería Stop de Redondela da man dun grupo de empresarios que se reuniron co obxectivo de constituír unha asociación de negocios da localidade

A actual xunta directiva da Asociación de Empresarios de Redondela rendía homenaxe aos impulsores da entidade rememorando ese momento inicial ás portas de Zafira, comercio de lenzaría que ocupa o lugar no que se atopaba o Stop.

Para a conmemoración desta efeméride prevén desenvolver un programa de actos e actividades que se prolongará ao longo de todo o ano resaltando datas claves daqueles primeiros pasos dados para a constitución e adquisición de personalidade xurídica da entidade que durou máis de un ano e que culminou o 3 de marzo de 1986 coa definitiva adquisición de personalidade xurídica e, polo tanto, plena capacidade de obrar en defensa dos intereses comúns das empresas do municipio.

Ao longo destes 40 anos pasaron pola entidade 971 empresas do sector comercial, hostaleiro, industrial, de servizos e da construción. O número de afiliación máis baixo que permanece activo é o número 2, cuxa titularidade ostenta a empresa Construcciones Alfredo Vidal S.L. sendo a última incorporación o establecemento Albergue Casa da Herba.

A actual xunta directiva, presidida por Enrique Lago, está conformada por 12 persoas que traballan conxuntamente co Julia Alonso, que leva 20 anos ao fronte da xerencia da entidade desenvolvendo un traballo de asesoramento ao emprendemento, a promoción do emprego e a aposta polo comercio local ata acadar a catalogación como Centro Comercial Aberto así como unha constante loita ante os continuos cambios de criterio da administración. Un traballo que Lago quixo poñer en valor.

A Asociación amosa a súa satisfacción pola evolución dos últimos anos e salienta a posta en marcha de eventos como a Feira de Oportunidades, que supuso un arduo traballo nos seus inicios, especialmente para convencer aos comerciantes daquel entón as bondades deste evento que hoxe ninguén cuestiona, a Festa do Choco ou outros eventos e actividades como o Entroido de Verán ou a Shopping Nigh.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará