Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Luis Ferro rectifica, pide desculpas e recoñece que houbo fusilamentos en San Simón

Jose-Luis-Ferro-PP-PPdeG

O deputado do PP que cuestionou as mortes en San Simón durante o período no que foi campo de concentración pide desculpas unha semana despois de que as súas polémicas declaracións provocaran malestar en colectivos sociais e no propio concello, cuxa alcaldesa anunciou que solicitaría ao pleno a declaración de José Luis Ferro “persoa non grata en Redondela”.

O deputado que  cuestionou as mortes en San Simón expresa o seu pesar “por este mal entendido e pola miña afirmación incompleta” xa que asegura que a súa afirmación referíase exclusivamente á non existencia de “fusilamentos masivos na Illa”.  Ferro quere zanxar a polémica recoñecendo “publicamente que na Illa de San Simón morreron moitos represaliados, uns por fusilamentos, outros por falta de alimentos e outros por enfermidade”.

Insiste tamén en que “non son ningún negacionistas da represión franquista, senón todo o contrario, polo que me afectan de xeito importante as acusacións que se están a facer sobre a miña persoa por un erro que recoñezo”.

Conclúe afirmando o Deputado popular que “no meu ánimo nunca estivo ferir a sensibilidade de ninguén, e moito menos a dos represealiados do franquismo e a dos seus familiares, polo que, se alguén o entendeu así, pido as máis sinceras desculpas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará