Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferida unha muller nun accidente en Cedeira

accidente

Foto: Eva B.

Os feitos producíanse en torno ás 14:00 horas do mediodía deste mércores na N-552 nas proximidades da Farmacia de Cedeira. Por causas que se están a investigar a condutora perdía o control do vehículo que colidía contra outros turismos estacionados na beiravía. O accidente provocou importantes retencións nunha estrada cun elevado volume de tráfico, nun horario especialmente complicado xa que son moitos os que se desprazan cara Redondela ou Vigo procedentes do seu traballo.

Eran ao redor das dúas da tarde cando o turismo, tras colidir contra outros vehículos estacionados na beiravía, quedaba cruzado en medio da estrada na zona da Portela en Cedeira. O suceso provocou retencións e tráfico lento na estra N-552 ata preto das catro da tarde. Ata o lugar do accidentes desprazáronse axentes da Policía Local, que se encargaron de regular o tráfico ata que o vehículo foi retirado da estrada.

A condutora foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario e os axentes de tráfico fixéronse cargo da investigación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará