Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Cortizos únese á campaña solidaria para axudar á recuperación das vivendas afectadas pola DINA

WhatsApp Image 2025-01-22 at 14.27.25 (1)

A cidadanía de Redondela e de diversos centros de día de Galicia e de toda España está a mobilizarse para apoiar ás vítimas da catástrofe provocada pola DINA en Valencia, que devastou moitas vivendas e deixou a numerosas familias sen fogar. Despois da limpeza das casas, o seguinte paso crucial é eliminar a humidade acumulada para poder pintar e restaurar os espazos afectados.

A directora do Centro de Día de Picaña, en Valencia, unha das zonas máis afectadas pola gota fría que arrasou municipios enteiros en outubro, fixo un chamamento solidario para reverter a dramática situación, xa que as súas instalacións foron completamente destruídas. Pedro López, director do Centro de Día Os Cortizos, explica que decidiron unirse e actuar “para axudar a unha compañeira, pero sobre todo para axudar as persoas afectadas que están a vivir unha situación insostible”.

“Conseguiron salvar aos usuarios e usuarias dando conta da DINA a tempo”, Pedro López.

López denuncia a falta de organización do voluntariado e sinala que, a pesar dos avances, a recuperación da normalidade podería levar até dous anos. Mentres tanto, é fundamental que as persoas vulnerables poidan regresar aos seus fogares, xa que actualmente hai maiores durmindo en tendas de campaña na rúa, facilitadas por militares.

“Síntense sós e a axuda segue estando moi descentralizada”, Pedro López.

As necesidades máis urxentes son os deshumidificadores domésticos, que permitirán secar as vivendas antes de continuar co proceso de rehabilitación.

“O problema é que as persoas seguen sen poder ir as súas casas”, Pedro López.
Situación actual do Centro de Día Picanya.

Como colaborar?

Existen dúas maneiras de participar nesta campaña solidaria:

  1. Directamente nos centros: Un peto estará dispoñible nos centros implicados para todas aquelas persoas que desexen realizar a súa colaboración ao asistir aos mesmos.
  2. A través de Internet: Quen prefira colaborar desde a súa casa pode adquirir un deshumidificador a través dun enlace facilitado en redes sociais. O material deberá ser enviado á seguinte dirección: Gerogarden, Calle Islas Canarias 112, Valencia, 46023. Alí, o persoal técnico encargarase de repartir os deshumidificadores entre as vivendas afectadas. Segundo Pedro López, organizador da campaña en Redondela, “o obxectivo non é axudar ao Centro de Día de Picaña, senón ás familias, e para evitar calquera tipo de estafa ou polémica, os enlaces de compra serán actualizados regularmente, asegurando que os produtos cheguen directamente á localización indicada sen pasar por ningunha entidade intermedia.”

Centros implicados nesta campaña solidaria:

  • Centro de Día Chapela
  • Centro de Día Os Cortizos (Redondela)
  • Centro de Día Cangas
  • Centro de Día Parque Castrelos
  • Centro de Día Hispanidade
  • Centro de Día Verín
  • Centro de Día Boas Apertas

Ademais de enviar os deshumidificadores, tamén se encargarán de difundir esta campaña entre as persoas usuarias e as súas familias para que, quen desexe, poida unirse á causa. A súa colaboración será esencial para que as familias afectadas poidan restaurar as súas vivendas e recuperar a normalidade nas súas vidas.

Mención especial fan desde Os Cortizoos á Iniciativa Adopta Un Maior que está colaborando activamente na campaña solidaria, conectando voluntarios con persoas maiores afectadas pola DINA, para axudalas a recuperar a normalidade e asegurarse de que reciban todo o necesario dende o principio ata o final.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará